Espere un momento y no cierre esta ventana, por favor...
| www.coaatac.org |
17-05-2008
Castelo de San Antón e Paseo do Parrote, A Coruña
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
COAAT AC
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Bolsa de emprego |
Últimas noticias15-05-2008 CIRCULAR 0805
Xa está dispoñíbel a nova circular co seguinte contido desenvolvido: Recibirala en breve no teu domicilio. Para consultala, podes descargala no enlace, na zona privada de colegiados. 12-05-2008 XORNADA 08 DE CONTROL DE CALIDADE-CTE
O COAAT-AC organiza a "XORNADA 08 DE CONTROL DE CALIDADE-CTE", para continuarmos tratando entre todos este importante tema da nosa Profesión. Os actos levaranse a cabo segundo o Programa que podes descargar no enlace, contando coa participación dos mellores ponentes para as distintas materias a tratar e celebraranse no Auditorio ARAO do PALEXCO da Coruña, o venres 13 de Xuño, dando comezo ás 9,45 h. (As portas abriranse ás 9,15 h.) Para confirmares a túa asistencia, deberás facer chegar ao Gabinete Técnico do COAAT-AC o Boletín de Inscrición cumprimentado, vía fax, e-mail ou inscribirte a través desta mesma web, no enlace. Pincha aquí para consultar o listado de inscritos, na zona privada da web. O prazo de inscrición finaliza ás 14,00 h. do martes 10 de Xuño. O COAAT-AC subvenciona na súa totalidade o importe da matrícula da Xornada e en parte o almorzo no propio Palexco (opcional) e sortearanse 2 Ordenadores Portátiles, un no transcurso da mañá e o outro no da tarde, entre os inscritos dentro de prazo e presentes no Auditorio no momento do Sorteo. Accede ao enlace para obter toda a información desta Xornada. 11-05-2008 SIGALICIA 08 - SALÓN INMOBILIARIO DE GALICIA 2008 El Salón Inmobiliario de Galicia arranca con fuerza. Ubicado en el nuevo recinto EXPOCoruña, se celebrará durante los días 22, 23, 24 y 25 de mayo y cuenta con todos los condicionantes para convertirse en la cita por excelencia del sector vivienda y sus servicios en Galicia. En este Salón se podrá encontrar con los interlocutores clave del mercado inmobiliario, locales y nacionales: promotores, inversores, entidades financieras, administraciones públicas, consultores, clientes finales y corporativos... Consulta todo lo relacionado con este Salón en el enlace. 09-05-2008 ACTOS FESTIVIDADE SAN XOÁN DE ORTEGA 2008 No próximo día 30 de maio (venres), os Arquitectos Técnicos e Aparelladores colexiados da provincia da Coruña, como é tradición de todos os anos na nosa Corporación, conmemoraremos a festividade do noso Patrón San Xoán de Ortega. Neste ano la Festividade celébrase en Santiago de Compostela, en tres escollidos lugares: o primeiro, na Colexiata de Santa María a Maior e Real do Sar, situada na rúa Sar, s/nº (Santiago de Compostela), onde iniciaremos os Actos cunha Misa de Irmandade en memoria dos compañeiros e persoal do COAAT-AC falecidos; o segundo no Salón Obradoiro II do Hotel Puerta del Camino, na rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/nº - San Lázaro - Santiago de Compostela, onde teremos o acto central de recoñecemento ao labor profesional dos nosos compañeiros colexiados que completan 50 e 25 anos de exercicio; e o terceiro no Salón Obradoiro do mesmo Hotel Puerta del Camino, onde terá lugar a Cea de Confraternidade. Dada a importancia dos Actos, animámoste desde a Xunta de Goberno a participar neles, acompañando aos homenaxeados, avisándote da necesidade de que confirmes a túa asistencia retirando as invitacións nominativas para a Cea, que se expedirán por rigorosa orde de inscrición en calquera das tres Oficinas Colexiales. O importe da Cea é de 30 ¤ por colexiado ou de 60 ¤ no caso de colexiado e acompañante. Deberá aboar o seu importe ao retirar a/as invitación/s que, por motivos de organización, ten como data límite o venres día 23 de maio ás 14,00 horas. Descarga no enlace o Programa de Actos. 08-05-2008 DOCUMENTACIÓN DO CONTROL DE CALIDADE DOS MATERIAIS E DE EXECUCIÓN DE OBRA
Os Gabinetes Técnicos dos distintos Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de España, elaboraron un documento onde se recolle a documentación e características esixíbeis aos distintos materiais de obra, de acordo coa aplicación da normativa relativa ao Marcado CE, en cumprimento do CTE relativamente ao Control de Calidade dos Materiais. Este documento actualizouse o 5 de maio deste ano Podes descargar este documento na zona privada de colexiados, no enlace. 07-05-2008 FERRAMENTAS CTE: CATÁLOGO DE ELEMENTOS CONSTRUTIVOS E CÁLCULO DO DB-HR
Informámovos que están disponíbeis na web do Código Técnico da Edificación dúas ferramentas elaboradas para o Ministerio de Vivenda de sumo interese: o Catálogo de Elementos Construtivos do CTE e a Ferramenta de Cálculo do Documento Básico de Protección Frente ao Ruído. - O Catálogo de Elementos Construtivos que se publicou é un documento preliminar onde se presentan as características e prestacións dun conxunto de diferentes elementos ou sistemas construtivos máis ou menos habituais. O catálogo concíbese como unha ferramenta de axuda ao proxecto dos edificios. - A Ferramenta de Cálculo do Documento Básico de Protección Frente al Ruido trata de facilitar a aplicación da Opción Xeral do DB HR e permite verificar o cumprimento dos casos máis frecuentes. A ferramenta é un conxunto de follas de cálculo que ten como obxectivo familiarizar os usuarios co método a través da súa aplicación. Ademáis inclúense unha serie de tutoriais que mostran de forma sinxela como se utiliza. En ambos casos, considéranse documentos preliminares que poderán sofrer cambios, polo que se deberá prestar atención ás versións posteriores. Podes descargar estas dúas ferramentas no enlace. |
Buscador
Introduza as palabras que desexa buscar
Formación
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Si detectas algún vínculo o enlace que no funcione correctamente, por favor comunícalo al Gabinete Técnico del COAATAC |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Copyright © 2004 - 2007 COAAT AC, Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de A Coruña