3.1.7. PROFESIONAL LIBERAL

Profesional liberal

En virtude do preceptuado na Disposición Adicional Decimoquinta da Lei 30/1995, de Ordenación do Seguro Privado, ao inicio da actividade profesional en exercicio libre da profesión, o arquitecto técnico deberá cubrir a Declaración Censal (mod. 036) en calquera oficina da Axencia Tributaria (isto implica a alta no Imposto de Actividades Económicas), e deberá afiliarse ao Rexime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social (RETA), ou ben causar alta en PREMAAT (mutualidade da profesión), opción para a que se dispón de 30 días desde que comeza a súa actividade profesional. Transcorrido este prazo, sen ter optado por un e outro sistema, terá obrigatoriamente de afiliarse ao R.E.T.A..

Igualmente é obrigatorio para o exercicio da profesión a suscripción dun seguro de responsabilidade civil profesional, que se pode contratar con MUSAAT (compañía aseguradora dos Arquitectos Técnicos) ou outra compañía do sector que cubra as reclamacións que se poidan formular polo exercicio da actividade, cunha cobertura mínina de 100.000 Euros segundo o acordo de Xunta xeral de Colexiados, datado a 20 de Decembro de 2001.



Copyright © 2004 - 2010 COAATIE AC, Colexio Oficial de Aparejadores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación de A Coruña