3.2. Sociedades Profesionais

O 16 de xuño de 2007, entrou en vigor a Lei 2/2007 de 15 de marzo de Sociedades Profesionais, que regula o exercicio en común de actividades profesionais. Estas sociedades, deberán inscribirse no Rexistro Colexial creado a tal efecto. No noso caso a Xunta de Goberno aprobou na súa reunión de 10 de marzo de 2008 a creación do Rexistro de Sociedades do COAAT-AC.

Destacamos os seguintes aspectos da Lei:

- Aquelas sociedades, calquera que sexa a súa forma, que teñan por obxecto social o exercicio en común dunha actividade profesional deberán obrigatoriamente constituírse como sociedades profesionais e formalizar o contrato en escritura pública, isto é, requere intervención de Notario, e deberá ser inscrita no Rexistro Mercantil correspondente.

- Calquera cambio de socios e administradores, así como calquera modificación do contrato social, deberán constar en escritura pública e inscritos no Rexistro Mercantil.

- A Sociedade deberá inscribirse no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio Profesional (en todos aqueles Colexios con actividade colexial recollida no obxecto social).

- O obxecto social das sociedades profesionais, únicamente poderá ser o exercicio en común de actividades profesionais.

- As sociedades profesionais poderán exercer varias actividades profesionais, sempre que o seu desempeño non teña sido declarado incompatíbel por lei.

- Poderán ter socios profesionais e non profesionais, aínda que as tres cuartas partes do capital e dos dereitos de voto, ou as tres cuartas partes do patrimonio social e do número de socios das sociedades non capitalistas, haberán de pertencer a socios profesionais.

- Os dereitos e obrigas da actividade profesional desenvolvida imputaranse á sociedade sen prexuízo da responsabilidade persoal dos profesionais polo exercicio da súa profesión.

- A sociedade profesional deberá contratar un seguro que cubra a responsabilidade en que poida incorrer no exercicio da actividade ou actividades que constitúen o obxecto social, (ademáis do seguro de responsabilidade civil que deben ter contratados os socios exercentes).

- Cando a Sociedade Profesional actúe a través dun Arquitecto Técnico colexiado ou acreditado que non teña a condición de socio profesional, deberá consignarse na nota de encargo e orzamento a relación profesional que os vincula.

- O contido dos datos depositados no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio, será Público, gratuito e permanente.

Podes consultar a Lei 2/2007, de Sociedades Profesionais e descargar o Regulamento de Rexistro Colexial de Sociedades Profesionais nos enlaces.

Ligazón


Copyright © 2004 - 2010 COAATIE AC, Colexio Oficial de Aparejadores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación de A Coruña