Información COAAT AC

Espere un momento y no cierre esta ventana, por favor...

Pulse aquí para cerrar este mensaje

www.coaatac.org
24-07-2008
Xardíns da Alameda, Santiago
COLEXIO OFICIAL DE APARELLADORES E ARQUITECTOS TÉCNICOS DE A CORUÑA
Portada Correo Mapa del sitio
COAAT AC > 4. Visados > 4.5. Visado Dixital > Documentación de Visado Dixital > ACREDITACIÓN DIXITAL DO COAAT-AC
Español Galego English

ACREDITACIÓN DIXITAL DO COAAT-AC

O COAAT-AC puxo en funcionamento o sistema de Visado Dixital, para todos aqueles colexiados que cumpran cos requisitos estabelecidos para poder empregalo.

Todas as persoas, organismos ou entidades que necesiten verificar a autenticidade e validez da asinatura dixital que empregará este Colexio á hora de asinar os traballos que se visen, terán que seguir os seguintes pasos:

1.- Configurar o Adobe Acrobat (é suficiente con que sexa o Reader, que se pode descargar directamente desde esta mesma páxina web), seguindo a ruta: EDICIÓN - PREFERENCIAS - SEGURIDADE - PREFERENCIAS AVANZADAS - INTEGRACIÓN DE WINDOWS, e aí marcar as tres opcións posíbeis .

2.- Descargar o arquivo adxunto. Este arquivo é o certificado que acreditará a identidade do empregado do COAAT-AC que realiza a asinatura. Para iso, deberase copiar no computador desde o que se vaia facer a comprobación. Unha vez copiado, facer duplo clic sobre él para abrilo e pulsar INSTALAR CERTIFICADO, pulsar dúas veces SEGUINTE e por último FINALIZAR.

Unha vez feito isto, o programa Adobe Acrobat que se empregará para poder ler os documentos en formato PDF (formato empregado para o Visado Dixital) recoñecerá a identidade dixital do COAAT-AC. Isto pódese comprobar na pestana asinaturas do programa, situada na marxe esquerda da pantalla, xa que cando se abre esta pestana, aparecerá a identidade do empregado do COAAT-AC que asina o documento, cunha aspa verde (en forma de "V") indicando que a asinatura é válida. Calquera outro icono que apareza indicará que o documento non é válido.

Ficheiro anexo (CA-B3.cer, 2,16 kB)

Buscador

Introduza as palabras que desexa buscar

Tenda

Formación

Xullo 2008
LMmXVSD
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Si detectas algún vínculo o enlace que no funcione correctamente, por favor comunícalo al Gabinete Técnico del COAATAC

Descargar Acrobat Reader