O Visado Dixital xa está operativo para todos os colexiados que o queiran empregar e cumpran cos seguintes requisitos:
- Realizar o curso de Visado Dixital.
Os colexiados que non teñan asistido aos cursos de Visado Dixital organizados polo COAAT-AC non poderán visar dixitalmente.
- Dispor dunha ID-Dixital (asinatura electrónica).
Para garantir a identidade dos titulares da documentación que se envía a visar. No curso explícase como creala.
- Dispor do programa informático Adobe Acrobat (Standard ou Professional).
Para xerar a documentación do proxecto e Nota de Encargo en formato PDF.
- Dispor dos cadros e Taboas de Codificación.
Facilitadas polo Colexio para cumprimentar a Nota de Encargo.
- Dispor da Tarxeta de pago colexial.
Para aboar as minutas correspondentes ao expediente. Pódese solicitar gratuitamente no COAAT-AC.
O obxectivo é que este sistema permita o visado de todo tipo de encargos, mais de momento estabelécese nas excepcións que se indican a continuación:
- Encargos con xestión de cobro a través do colexio.
Isto requeriría que os implicados (propiedade) dispoñan de sistemas de Identificación Dixital e de medios de pago adecuados.
- Certificados de Final de Obra.
Requere a coordinación destes procedementos con outros colexios profesionais.
- Informes ITE (Inspección Técnica de Edificios).
- Actas de Aprobación de plano de Seguridade.
Son documentos anexos á documentación.
- Informes ou Certificacións vinculadas a encargos de Dirección de Obra.
Son documentos anexos á documentación.










