Información COAAT AC

Espere un momento y no cierre esta ventana, por favor...

Pulse aquí para cerrar este mensaje

www.coaatac.org
25-07-2008
Dársena Curuxeiras, Ferrol
COLEXIO OFICIAL DE APARELLADORES E ARQUITECTOS TÉCNICOS DE A CORUÑA
Portada Correo Mapa del sitio
Español Galego English

9.1. A Agrupación

O Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia, consciente da relevancia que a actuación pericial dos técnicos que agrupa ten no desenvolvemento da actividade xudicial e en virtude de dar o mellor cumprimento ao art. 341 da nova Lei de Enxuiciamento Civil, propiciou a creación da Agrupación de Aparelladores e Arquitectos Técnicos Peritos Xudiciais de Galicia, cuxa lista de agrupados será a que poña a disposición dos Xulgados e profesionais da xusticia.A Agrupación de Aparelladores e Arquitectos Técnicos Peritos Xudiciais de Galicia ten ámbito autonómico, con Seccións Provinciais coincidentes co ámbito xeográfico de cada un dos Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos que constitúe no Consello Galego.

Está constituída por profesionais Aparelladores e Arquitectos Técnicos que ademáis de acreditaren o exercicio activo durante os últimos cinco anos tiveron que acreditar, en virtude dos Estatutos da Agrupación o cumprimento de determinados requisitos como experiencia profesional, non só na elaboración de Informes, Ditames e Tasacións, mais tamén en Dirección de Obras, Redacción de Proxectos e asistencia a cursos de post-grao e formación continuada, entre os que se inclúen un curso de formación específica para a actividade pericial.

Con iso, a Agrupación reúne unha serie de profesionais Aparelladores e Arquitectos Técnicos, non só dispostos a actuar como Peritos Xudiciais, mais tamén provistos de formación e experiencia profesional acreditada que os capacita para o exercicio da función pericial.

Constitúe o seu obxecto agrupar, con carácter voluntario, os Aparelladores e/ou Arquitectos Técnicos que, reunindo as condicións estabelecidas para ser membros, compartan un interese común cos fins da Agrupación:

  • Fomentar a formación permanente dos seus membros tanto no aspecto técnico como no xurídico-procesal, acorde co ámbito en que deben desenvolver o seu traballo.
  • Velar polo adecuado cumprimento da función pericial dos seus membros, procurando así o prestixio social da actividade, e regular e correxir mediante a aplicación dun réxime disciplinario específico o defectuoso exercicio no desempeño das súas funcións periciais ou arbitrais.
  • Realizar e manter as listas de Peritos dentro dos ámbitos das distintas Seccións ou demarcacións xudiciais, procurando a súa distribución alí onde poidan interesar.
  • Defender, con un adecuado nivel de garantías, as demandas de peritos que proveñan da sociedade en xeral e dos Xulgados e Tribunais en particular.
  • Defender os intereses profesionais e económicos dos seus membros e fomentar na sociedade en xeral e entre os Xuíces, Tribunais e profesionais do Dereito en particular, o axeitado coñecemento da formación, preparación e competencias dos Aparelladores e Arquitectos Técnicos de cara á emisión de Informes e Ditames.
  • Atender a cantas cuestións afecten ao exercicio, competencia e responsabilidades dos Aparelladores e Arquitectos Técnicos no campo pericial.
  • Asesorar e informar daquelas actuacións que se estime apropiadas ante calquera solicitude ou consulta realizada polos colexiados ou por terceiros.
  • Estabelecer relación e acordos de cooperación con asociacións ou entidades afins que compartan obxectivos similares.
  • Desempeñar aquelas outras funcións que lle sexan delegadas, dentro do campo da pericia polos Colexios ou polo Consello.

A Agrupación ten o seu domicilio na Sede do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia, e as Seccións Provinciais en cada unha das sedes colexiais respectivas.

Buscador

Introduza as palabras que desexa buscar

Tenda

Formación

Xullo 2008
LMmXVSD
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Si detectas algún vínculo o enlace que no funcione correctamente, por favor comunícalo al Gabinete Técnico del COAATAC

Descargar Acrobat Reader