23-07-2008
SORTEO VISADO DIXITAL
O mércores día 23 de xullo celebrouse ás 12,00 horas, nas oficinas do Gabinete Técnico, o sorteo dunha ferramenta informática entre todos os colexiados que empregaron o sistema de Visado Dixital durante o primeiro semestre do ano 2008, segundo as bases indicadas na circular 0707, do día 11 de Xullo de 2007.
A este sorteo asistiu como representante da Xunta de Goberno D. Xesús Piquín Cancio, ademáis da directora do COAATAC, Dª Ana María Castro Arias.
O seguinte sorteo, correspondente ao segundo semestre do presente ano, celebrarase o 7 de xaneiro do 2009.
Para coñecer o resultado do sorteo, accede á zona privada de colexiados, no enlace.
22-07-2008
MÁSTER EN DIRECCIÓN INTEGRADA DE PROYECTOS
O interese de diversos axentes sociais en que a formación permanente a executivos, profesionais, colegiados, etc, lévese a cabo no marco da Universidade, impulsou un programa de postgrados de alta especialización en Dirección Integrada de Proxectos. O primeiro obxectivo foi dar formación en coñecementos e desenvolver de destrezas en PM dirixidas a actividades profesionais de diferentes titulacións.
No curso académico 2006/2007, tras unha experiencia de catro anos e continuando con ela, solicitouse unha proposta de Máster Oficial. Aceptouse e apróbase esta formación que agora inicia a súa andadura.
A data límite para realizar a inscripción finaliza o 14 de agosto de 2008.
Consulta todo o relacionado con este Máster no enlace.
16-07-2008
VIAXE A IRLANDA
O Colexio organiza unha viaxe a Irlanda acompañados por un guía, para os días 4 ao 11 de outubro próximo.
Dada a complexidade da organización e para poder pechar prezos definitivos, establécese unha preinscripción ata o 1 de setembro.
As prazas reservaranse por rigorosa orde de inscripción e cada colexiado poderá levar un acompañante. No caso de que non se llegasen a cubrir tódalas prazas dispoñibles, éstas completaríanse con outros acompañantes que se inscribirán ao mesmo tempo que o colexiado, pasando a unha lista de espera.
Consulta no enlace todo o relacionado con esta Viaxe.
09-07-2008
CIRCULAR 0807
Xa está dispoñíbel a nova circular co seguinte contido desenvolvido:
1.- Revisión Regulamento Normas Deontolóxicas
2.- Horario Colexial Semana Grande
3.- Técnicos Asalariados do Promotor
4.- Normativa
5.- Recordatorio Visados: Actas Aprobación Plan S+S
6.- Documentación Adxunta
Recibirala en breve no teu domicilio.
Para consultala, podes descargala no enlace, na zona privada de colegiados.
30-06-2008
HORARIO COLEGIAL SEMANA GRANDE
Informámosvos que durante a celebración da Semana Grande, o horario de atención colegial será de 9,00 a 13,00 horas. As datas de celebración da Semana Grande son:
- A Coruña: do 4 ao 8 de agosto.
- Ferrol: do 4 ao 8 de agosto.
- Santiago: do 21 ao 24 de xullo.
26-06-2008
URBANISMO: TEXTO REFUNDIDO DA LEI DO SOLO; LEI 6/2008 E PLAN INSPECCIÓN URBANÍSTICA 2008
Publicouse no BOE nº 154, de 20 de xuño, o Real Decreto Lexislativo 2/2008, de 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo.
Por outra banda, publicouse no DOGA nº 125, do 30 de xuño, a Lei 6/2008, do 19 de xuño, de medidas urxentes en materia de vivenda e solo, pola que se modifica a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Ademáis, publicouse no DOGA nº 126, do 1 de xullo, a Resolución do 6 de xuño de 2008, pola que se lle da publicidade ao Plan de Inspección Urbanística para o ano 2008.
Podes consultar estas disposicións no enlace.
Copyright © 2004 - 2007 COAAT AC, Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de A Coruña