Apoio do COATAC ao proxecto de masas arborizadas para compensar a pegada de carbono do ano 2023
Publicada o 09/04/24

Este Colexio da Arquitectura Técnica da Coruña – COATAC, dispón desde o ano 2006 dun Sistema de Xestión Ambiental, certificado agora conforme á norma “UNE-EN ISO 14001:2015 - "Sistemas de xestión ambiental. Requisitos con orientación para o seu uso" e verificado en base ao Regulamento EMAS, atopándose inscrito no Rexistro Galego de Centros Adheridos ao Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental e difundindo periodicamente información veraz e transparente sobre a súa desempeño a través da publicación da súa Declaración Ambiental.

Seguindo co obxectivo de mellora continua do noso compromiso ambiental e co coidado e respecto cara ao Medio Ambiente, un ano máis o COATAC compensou a súa pegada de carbono do ano 2023 que se estima de 8,850 Toneladas de CO2 (0,025 menos que en 2022) mediante o apoio ao proxecto de restauración de masas arborizadas tras incendios que desenvolve a Comunidade de Montes veciñais do Viso en Redondela, mediante o que se está recuperando e mantendo a masa arborizada, realizando un labor de absorción de CO2 que permitirá compensar o equivalente á nosa pegada de carbono de 2023.

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.