IMEDIATIE: Institución de Mediación do COATAC
PORTADA COATACIMEDIATIE: Institución de Mediación do COAATIEAC

O COATAC, como corporación de dereito público e nos términos que figuran na Xurisprudencia do Tribunal Constitucional, en sentenzas como as de 20/88 e 87/99, ten establecido o ejercicio de todas aquelas funcións de interese público que directamente e en relación coa profesión polo lexislador lle sexan encomendadas ou ben lle sexan delegadas pola Administración.

Así, entre as indicadas funcións, corresponde ao COATAC, no ámbito da súa competencia, impulsar e desenvolver a mediación, como un dos seus fines, segundo establece o artigo 5 letra ñ) da Lei 2/1974, de 13 de febreiro, sobre Colexios Profesionais. Neste senso, o artigo 5 da Lei 5/2012, de 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís, establece que teñen a consideración de institucións de mediación os colexios profesionais, como corporacións de dereito público que teñen entre os sus fines o impulso da mediación, debendo facilitar o acceso e administración da mesma, incluida a designación de mediadores, garantindo a transparencia na referida designación.

A principal finalidade da mediación, como método de xestión de conflictos, é evitar a apertura de procesos xudiciais de carácter contencioso, poñer fin mediante acordo aos xa iniciados ou reducir o seu alcance. Para isto:

1.- O COATAC, a través da súa Institución de Mediación en asuntos civís e mercantís (IMEDIATIE), ten a consideración de Institución de Mediación que forma parte do Rexistro de Institucións de Mediación do Ministerio de Xustiza, como corporación de dereito público na que entre os fines atópase o impulso da mediación, debendo de facilitar o acceso e organización da mesma, incluido a designación de mediadores.

2.- O COATAC garantirá a transparencia do funcionamento da Institución de Mediación, na designación de mediadores.

3.- O COATAC adoptará as medidas precisas para asegurar a independencia e incompatibilidade entre o arbitraxe que poida prestar o COATAC e a mediación desenvolvida pola Institución de Mediación (IMEDIATIE), como actividades distintas.

4.- O COATAC garantirá, dentro do ámbito das súas competencias, que se respeten os principios de voluntariedade e libre disposición, imparcialidade, neutralidade e confidencialidade, que inspiran a mediación.

5.- As partes en conflicto actuarán na mediación conforme aos principios de boa fe e respeto mutuo, e deberán prestar colaboración e apoio permanente á actuación do mediador, mantendo a adecuada deferencia respecto súa actividade.

6.- O COATAC fomentará a adecuada formación inicial e continua dos mediadores, a elaboración de códigos de conducta voluntarios, así como a adhesión de aqueles e do propio COATAC.

A normativa que regula esta cuestión é:

  • Lei 5/2012, de 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís. BOE nº 162, de 7 de xullo.
  • Real Decreto 980/2013, de 13 de decembro, polo que se desenvolven determinados aspectos da Lei 5/2012, de 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís. BOE nº 310, de 27 de decembro.

Tes dispoñibles os documentos necesarios para a Mediación no apartado da páxina web colexial: SERVIZOS/VISADOS/IMPRESOS/DOCUMENTOS IMEDIATIE.

Descarga nos documentos adxuntos os Fines, Actividades Estatutarias, Garantías de Calidade e os Criterios de Selección establecidos por IMEDIATIE, así como o Procedemento de Inscrición no Rexistro de Mediadores do Ministerio de Xustiza.

Se desexas solicitar os servizos de IMEDIATIE, podes empregar algún dos seguintes medios, enviando o formulario de "Solicitude de mediación no ámbito civil e mercantil":


Podes descargar nos documentos adxuntos o oficio enviado polo CGATE sobre o Anteproxecto de Lei de Impulso da Mediación.
Como mediador tes acceso aos impresos necesarios picando aquí.