DOCUMENTACIÓN/GUÍA MODIFICACIÓNS DB-HE, HS e SI
PORTADA GABINETE Notas TécnicasDocumentación/guía modificacións DB-HE, HS e SI

O 27 de decembro de 2019 publicouse no BOE nº 311, de 27 de decembro, o Real Decreto 732/2019, de 20 de decembro, polo que se modifica o Código Técnico da Edificación, aprobado polo Real Decreto 314/2006, de 17 de marzo. Como xa se informou, este Real Decreto recolle, entre outras cuestións o novo "Documento Básico de Aforro de Enerxía" e a nova sección do "Documento Básico de Salubridade" dedicada á protección dos edificios fronte á exposición ao gas radón. No mesmo inclúense tamén cambios no "Documento Básico de Seguridade en caso de Incendio", que permitirán conciliar a necesaria prevención da propagación do fogo a través das fachadas dos edificios coas novas esixencias de aforro enerxético, así como coa innovación tecnolóxica do sector.

Polo seu especial interese, o COATAC encargoulle a un especialista na materia, o noso compañeiro do COAT de Lugo, D. José Manuel Grandío Rodríguez, a elaboración dunha documentación/guía, na que se recollan e analicen as principais variacións destos DBs,  que poida servir como base de accións formativas relacionadas con esta cuestión. Tamén se inclúe unha aplicación Excel que axuda e simplifica enormemente a xustificación de determinados apartados do DB-HE, que non vai a xustificar o programa CE3X.

Descarga esta documentación nos documentos adxuntos.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.

Ficheros