ESTATÍSTICA DE MATERIAIS
PORTADA SERVIZOS VisadosEstatística de Materiais

Por acordo do Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España, é obrigatorio adxuntar, xunto coa Folla de Encargo habitual, un novo formulario, en todos os encargos de Dirección de Execución de Obra ou de Dirección de Obra, co que se pretende:

a) Obtención de información sobre tipoloxía construtiva e materiais de construción ao inicio da obra e unha vez ésta se execute, para a súa incorporación á Base de Datos sobre Obras e Intervencións Profesionais da Arquitectura Técnica.

Así, antes de proceder ao visado da Folla de Encargo dunha Dirección de Execución de Obra ou dunha Dirección de Obra, os colexiados deberán acceder, a través do enlace, a un formulario electrónico que deberá cumprimentar "on-line" a través do enlace, da seguinte maneira:

1.- O primeiro que debe de facer o colexiado é habilitarse para poder empregar este formulario. Para isto, a primeira vez que accede debe de introducir un nome de usuario e un password, que pode elexir o colexiado, xunto cunha dirección de correo electrónico de contacto. Estos datos son os que o colexiado debe de empregar para futuros accesos a este formulario. O COATAC recomienda que o colexiado empregue o mesmo usuario e password que ten para acceder á páxina web colexial, para evitar posibles confusións futuras.

2.- Unha vez que o colexiado ten en pantalla este formulario electrónico, deberá indicar os datos da obra (descrición e emprazamento), non sendo preciso introducir ningún dato persoal. Logo introducirá as marcas correspondentes nas casillas de "Proxectado", en función dos materiais e tipoloxías que se previron no proxecto. Cando finalice, seleccionará a opción de "Grabar" os datos e, posteriormente, a de "Imprimir". O sistema xerará unha secuencia de números (código de referencia) para permitir a vinculación da información recollida no formulario coa dos datos de visado, e que o colexiado deberá recordar. Xerarase un arquivo en formato pdf que, unhe vez impreso, debarase adxuntar á Folla de Encargo. Este requisito será necesario para que o Colexio poida proceder ao seu visado. O colexiado poderá realizar, sempre a través da páxina web colegial e introducindo o seu correspondente código de referencia, modificacións posteriores dos datos introducidos nas casillas de "Proxectado", no caso de que os datos introducidos inicialmente tiveran algún tipo de erro, ou que o colexiado se esquencera de introducir algún dato, ata que decida bloquear esta posibilidade, no momento en que esté seguro de introducir todos os datos de proxecto e que estos sexan correctos, pulsando o botón "Bloquear". Non se poderán grabar datos de execución sen bloquear previamente os datos de proxecto.

3.- Cando se finalice a execución da obra en cuestión, o colexiado terá que cumprimentar as casillas de "Executado", según o que se executara realmente en obra. Para isto deberá acceder ao formulario electrónico, sempre a través da páxina web colexial e introducindo o seu correspondente código de referencia. Cando termine de marcar as casillas que proceda, deberá pulsar "Grabar" e logo "Imprimir". O sistema daralle a posibilidade de imprimir unha relación coas diferencias entre o proxectado e o executado, para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Este documento sufrio cambios recentemente, de tal xeito que xa non é posible indicar no mesmo o tipo de control de calidade realizado e o seu resultado.  Este dato débese de indicar no Anexo II, documento que se presenta xunto co CFO.

Este documento é obrigatorio para tramitar o CFO.

No caso de empregar o sistema de Visado Dixital, as instruccións están detalladas na sección "Visado Dixital" da páxina web colexial.

Pincha aquí para acceder.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.