ALTA NOVO INGRESO

Os colexiados teñen acceso a todos os servizos colexiais deste COATAC.

Pica aquí para ver as vantaxas de porqué colexiarse?

Para poder solicitar o alta como colexiado é preciso:

1.- Resgardo acreditativo do depósito do Título ou no seu caso calquera das seguintes opcións é válida:

  • Título de Aparellador/Arquitecto Técnico ou Enxeñeiro de Edificación.
  • Testimonio notarial do anterior.
  • Orden supletoria do Título.

2.- Recibo de ingreso de cuota de incorporación segun á Certificación de Acordos da Xunta Xeral Ordinaria celebrada o 15/12/2022:

  • COTA INCORPORACION (1º ano desde a finalización dos estudos) de corenta e catro euros con trinta e nove céntimos (44,39 €)
  • COTA INCORPORACION (2º ano desde a finalización dos estudos) de oitenta e seis euros con cincuenta céntimos (86,50 €)
  • COTA INCORPORACIÓN (a partir do 3º ano desde a finalización dos estudos) cento trece euros con cincuenta e dous céntimos (113,52 €)

Pica aquí para ver a conta colexial para o ingreso.

3.- Declaración de non atoparse inhabilitado para o exercicio profesional.

4.- Fotocopia do D.N.I.

5.- 3 Fotografías tamaño carné.

6.- Impreso conta corrente con IBAN e BIC, para autorización de abono de cotas.

7.- Documento IBAN.

8.- Autorización de consulta a RNTUO. (solo cubrir en caso de solicitud expresa por parte del COATAC)

Na Certificación de Acordos da Xunta Xeral Ordinaria celebrada o 15/12/2022, fixaronse unas cotas colexiais que son de aplicación a partir do 01/01/2023, de:

  • Durante o primeiro ano de colegiación é de 12,44 € mensuais (para titulados que soliciten a incorporación ao COATAC no ano inmediato á finalización dos estudos).
  • Durante o segundo ano de colegiación é de 23,91 € mensuais (para titulados que soliciten a incorporación ao COATAC no segundo ano inmediato á finalización dos estudos).
  • A cota colexial ordinaria para o resto de colexiados é de 29,00 € mensuais.

Podes descargar a documentación necesaria para colexiarse nos documentos adxuntos e solicitar no colexio a ficha colexial que deberás entregar cuberta xunto co resto de documentación asinada dixitalmente ou en orixinal.

 


Por último, recordámosche que estableceuse para o exercizo 2023 a exención da cuota colexial por maternidade/paternidade, adopción ou acollemento. A duración da devandita exención será durante 4 meses para as colexiadas e durante 2 meses para os colexiados. A devandita exención terá efectos, en caso de maternidade desde a data do parto e nos casos de adopción e acollemento a partir da data da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou a partir da decisión administrativa de acollemento.

En todos os casos sempre con previa solicitude e adxuntando documentación que así o xustifique.

Todos podemos contribuír a reducir o impacto das nosas actividades no medio ambiente. Na seguinte ligazón tes as nosas recomendacións respecto diso:

https://www.coatac.es/paginas/certificaciones