Evento On Line
PORTADAEVENTO

calendario

Sep

27

calendario

Jun

29

CURSO CGATE: 3ª ED. ESTÁNDARES PARA A DIRECCIÓN DA EXECUCIÓN DA OBRA

Este Curso OnLine gratuito organizado polo Consejo General de la Arquitectura Técnica de España -CGATE- está dirixido a todos os Colexiados da Arquitectura Técnica, a fin de dar a coñecer os elementos principais para unha correcta iniciación da actividade profesional como Director da Execución da Obra.

Esta formación desenvólvese de maneira OnLine (MOODLE) e ten unha duración de 20 horas lectivas. Transcurrirá ata o 28 de xuño de 2024. Aínda que o curso é breve e pódese realizar en menos dunha semana, aqueles alumnos que unha vez matriculados non terminaran a formación coa obtención do correspondiente certificado, poderanse matricular no seguinte periodo de matriculacións previsto, co inconveniente de que perderán o progreso realizado.

Se estás interesado en matricularte, manda o Boletín que se adxunta o correo electrónico do Gabinete Técnico do COATAC gestiongabinete@coatac.es

Mais información e Boletín de inscrición no documento adxunto.

Ficheiros