CGATE: IV Congreso internacional sobre a propiedade horizontal
Publicada o 11/04/24

 

O Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España - CGATE, infórmanos que entre os días 15 e 17 de maio, terá lugar por primeira vez en Europa, o Foro Internacional en Investigación en Inmobles Plurifamiliares (IFMOP). Este Foro reúne a investigadores de todo o mundo para poñer en común traballos sobre propiedades múltiples, incluídos propiedade horizontal, propiedades de estratos, desenvolvementos de interese común, cooperativas de vivenda e asociacións de propietarios.

Organizado polo City Futures Research Centre (UNSW, Australia) e a Cátedra UNESCO de Vivenda (URV, España), esta edición do Foro inclúe dous días de reunións na Universidade Rovira i Virgili (Tarragona, España) e unha saída de campo.

Trátase da 7ª edición do IFMOP, tras as exitosas edicións de Sudáfrica, Australia e Canadá e contará con 36 relatores de 11 países e dos cinco continentes.

A web do congreso, que inclúe todos os detalles sobre os relatorios e a excursión de campo atópase aquí: https://housing.urv.cat/ifmop2024/.

Para inscribirse no Congreso IFMOP2024, debe realizarse a través da ligazón: https://www.eventbrite.com.au/e/2024-international-research-forum-on-multi-owned-properties-tickets-775283763607?aff=oddtdtcreator), baixo dúas modalidades:

  1. Congreso íntegro (inclúe todas as sesións, cea, recepción, viaxe de campo etc.)/ etc.). Conseguimos unha redución para os nosos colexiados, introducindo no rexistro o código: IFMOPCOMP3
  2. Só para profesionais, asistir soamente ás sesións da tarde (ten un custo de 24 euros) con tradución do/ao inglés. Calquera dúbida, pódena enviar a ifmop2024@urv.cat
Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.