ISSGA: Programa de recoñecementos médicos específicos para traballadores autónomos
Publicada o 18/09/19

O ISSGA ofrece aos traballadores autónomos en xeral e socios cooperativistas que teñan a condición de traballador autónomo, que coticen no RETA (Réxime Especial de Traballadores Autónomos), incluidos os do Sistema Especial de Traballadores Agrarios, a posibilidade de realizar un recoñecemento médico dirixido a favorecer a detección de enfermidades profesionais ou patoloxías laborais propias da súa actividade laboral.

Aos interesados faráselles un recoñecemento médico, totalmente gratuito, nos centros do ISSGA.

Non hai data límite para solicitalo, é unha acción permanente.

Mais información picando aquí.

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.