INCIBE - Campaña de correos con asuntos maliciosos
Publicada o 05/03/24

Lémbrase o aviso lanzado desde o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade), sobre campañas de correos con adxuntos ou enlaces maliciosos, que se están prodigando nestas datas.

Trátase de campañas de distribución de ransomware que empregan como gancho un correo dunha empresa, asociación ou entidade determinada (adoitan ser coñecidas e cercanas) na que se solicita que se revise un orzamento, ou adxúntase unha supuesta oferta e ínstase a revisala porque vai a expirar en curto prazo. Moitas veces tamén se solicita que se pique nun determinado enlace para realizar unha determinada comprobación ou actualización, algo que por supuesto non se debe facer.

O COATAC nunca mandarache un correo solicitándote este tipo de cuestións. Fíxate ben na dirección de orixe do correo que te chegue, que verás claramente que non é ningunha das habituais.

Adxúntase enlace á nota do INCIBE para poder ampliar a información:

https://www.incibe.es/protege-tu-empresa/avisos-seguridad/nueva-campana-correos-adjuntos-maliciosos

Adxúntase tamén un enlace a un documento moi interesante deste mesmo organismo público, que permite mellorar a identificación de correos electrónicos cando se dubida da lexitimidade dos mesmos:

https://www.incibe.es/protege-tu-empresa/blog/dudas-legitimidad-correo-aprende-identificarlos

Por último, facilitámosche o enlace ao documento "Guía privacidade e seguridade en internet", elaborado pola Axencia Española de Protección de Datos (AEPD):

https://www.aepd.es/sites/default/files/2019-09/guia-privacidad-y-seguridad-en-internet.pdf

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.