Certificado de Eficiencia Enerxética - Prazo de recuperación da inversión
Publicada o 20/03/24

Lémbrase que, segundo se indica no Real Decreto 390/2021, de 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios, dentro do contido da Certificación de Eficiencia Enerxética tamén débese incluir a seguinte información:

"f) Recomendacións de posibles intervenciones para a mellora dos niveis óptimos ou rentables da eficiencia enerxética dun edificio ou dunha parte deste. As recomendacións incluidas no certificado de eficiencia enerxética poderán abordar, entre outras:

1.º As intervencións recomendadas para a mellora da envolvente, tendo en consideración, no seu caso, o nivel de protección arquitectónica do edificio.

2.º As medidas de mellora das instalacións técnicas do edificio incluíndo, si procede, a recomendación de substitución de equipos abastecidos por combustibles fósiles por alternativas máis sostibles. Así mesmo, poderanse incluir medidas que disminúan as pérdidas térmicas nas redes de distribución dos fluidos caloportadores.

3.º A incorporación de sistemas de automatización e control.

4.º A secuencia temporal mais adecuada para a realización das medidas propostas.

As recomendacións incluidas no certificado de eficiencia enerxética serán técnicamente viables e incluirán unha estimación dos prazos de recuperación da inversión, así como tamén poderán incluir estimacións sobre as melloras nas condicións de confort, saúde e benestar."

A versión actual do programa CE3X presenta un módulo "análise económico" que permite calcular o prazo de recuperación da inversión, se ben este resultado non se traslada de forma automática o informe en formato pdf, é por iso que o técnico deberá incluir devandito prazo dentro do apartado de "Medidas de mellora", para que así se xere a información no informe.

Outra novidad do RD 390/2021 é a obrigación de establecer medidas de mellora en edificios recén rematados, se ben en caso de non existir devandita posibilidade, deberase xustificar adecuadamente.

Podes consultar o contido deste Real Decreto picando aquí.

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.