Novas publicacións da Fundación Musaat
Publicada o 25/04/24

A Fundación Musaat, seguindo a súa aposta por fomentar o coñecemento e a formación continua dos profesionais da Arquitectura Técnica, ademais de promover a investigación en prevención, seguridade, saúde e calidade na edificación, elaborou dúas novas monografías:

Esta nova publicación ten como obxecto presentar unha metodoloxía para a programación, realización e xustificación documental do control de execución de estruturas de formigón de obras de edificación convencionais. A finalidade do control da execución é verificar que os procesos levados a cabo, durante a execución da estrutura, se organicen e desenvolvan de maneira que a dirección facultativa poida confirmar a súa conformidade co proxecto, dacordo co establecido no Código Estrutural.

Na xestión de calidade das estruturas de formigón, as direccións facultativas enfréntanse a diversos desafíos no control de recepción do formigón e a ferralla. A partir dunha programación, obtéñense resultados que se someten o correspondente criterio de conformidade para a súa aceptación. A metodoloxía e as posibles interpretacións sobre a aplicación destes criterios, xunto co desenvolvemento de exemplos comentados, fen desta monografía unha lectura imprescindible para as direccións facultativas, contratistas e técnicos en xeral, que atoparán nela unha valiosa guía para levar a cabo a súa labor de maneira eficiente e efectiva.

Podes consultar estas e outras publicacións elaboradas pola Fundación Musaat picando aquí.

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.