FALSIFICACIÓN DO VISADO COLEXIAL: DELITO DE FALSEDADE DE DOCUMENTO OFICIAL

O Consello Xeral danos traslado dun comunicado, mediante o que infórmase que se coñeceu recentemente unha nova sentenza que condena a un arquitecto técnico como autor dun delito de falsedade en documento oficial, previsto no art. 392, en relación co 390.2º e 3º do Código Penal, ás seguintes penas:

  • 12 meses de prisión coas penas accesorias de inhabilitación para o exercicio da súa profesión como arquitecto técnico e de inhabilitación para o exercicio de sufraxio pasivo polo tempo da condena.
  • 6 meses de multa cunha cuota diaria de 6 euros, que ascende a un total de 1.080 euros, e arresto sustitutorio en caso de impago.
  • Costas do proceso.
  • Os feitos probados que se reflicten na sentenza indican que o citado técnico asinou o Certificado final da dirección dunha determinada obra, “pero non o remitiu ao Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, como é preceptivo, senón que extraeu dous selos do COAAT doutros documentos e os introduxo no certificado, simulando dese xeito que fora debidamente visado. Esa misma operación realizouna no certificado de liquidación económica de fin de obra. Posteriormente remitiu o certificado á arquitecta quen, descoñecendo o anterior, presentouno” ante a Administración correspondente.

É de resaltar que a pena solicitada polo Ministerio Fiscal (18 meses de prisión) redúxose nun tercio, pois mediou a conformidade do acusado.

No comunicado tamén se resalta a importancia que ten o mantemento da práctica do visado ou rexistro colexial para a nosa profesión, tanto para para o seu prestixio e a imaxe que traslada á sociedade, como para axudar a detectar ilegalidades e outras irregularidades.

 

Mais información no documento adxunto.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.

Ficheros