MUSAAT_20.03.31: Cobertura actividade profesional durante Estado de Alarma por COVID-19

MUSAAT infórmanos que, tralas consultas recibidas nos últimos días nas que se está trasladando á Mutua a preocupación dos mutualistas sobre unha eventual exclusión das pólizas daquelas reclamacións que, a futuro, poderíanse recibir con motivo do exercicio da actividade profesional de Aparellador, Arquitecto Técnico e/ou Enxeñeiro de Edificación desenvolvendo durante o período de Estado de Alarma por COVID-19, especialmente no relativo á faceta de Coordinadores de Seguridade e Saúde, desde o Consello de Administración de MUSAAT quérese transmitir unha mensaxe de total serenidade e tranquilidade, na medida en que non existe ningunha exclusión no contrato de seguro comercializado pola Mutua que contemple unha situación desta natureza.

Como ven sendo habitual, MUSAAT outorgará plena cobertura ás reclamacións que se puidesen formular polos danos e perxuizos presuntamente causados a un terceiro, derivados dunha acción ou omisión culposa ou neglixente con motivo do exercicio da actividade profesional.

MUSAAT está operativa ao 100% para axudar sobre calquera aclaración ao respecto.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.